Actualizar o software do dispositivo utilizando o seu dispositivo
Desexa mellorar o rendemento do seu dispositivo e obter actualizacións de
aplicacións e excelentes novas funcións? Actualice o software regularmente para
obter o máximo rendemento do seu dispositivo. Tamén pode axustar o seu
dispositivo para que comprobe se hai actualizacións automaticamente.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Só pode actualizar o seu software cando utiliza a tarxeta SIM no soporte da tarxeta
SIM interno.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Xestión do dispositivo
33
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
1 Seleccione
Dispositivo
>
Actualizacións dispositivo
.
2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha
actualización dispoñible, seleccione
Detalles do software actual
.
3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione
Descarga
softw. dispositivo
. Siga as instrucións da pantalla.
4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione
Instalar actualiz.
software
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor do servizo.
Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione
Actualizac. automática SW
e defina a frecuencia coa que desexa que se
comprobe se hai actualizacións de software novas.
O seu provedor do servizo pode enviar actualizacións de software do dispositivo
directamente a este mediante conexión polo aire. Para obter máis información verbo
deste servizo de rede, contacte co seu provedor do servizo.