Nokia 200 - O seu teléfono SIM dual

background image

O seu teléfono SIM dual
Pode inserir dúas tarxetas SIM.

Algunhas vantaxes dun teléfono SIM dual

Pode aforrar custos cando utiliza servizos de diferentes provedores do servizo.

Permite utilizar un número de teléfono para chamadas persoais e outro para

traballo, pero transportar soamente un teléfono.

Evite a variación da cobertura de rede entre provedores do servizo.

As dúas tarxetas SIM están dispoñibles ao mesmo tempo cando o dispositivo non se

está a utilizar, pero mentres unha das tarxetas está activa (por exemplo, realizando

unha chamada), a outra tarxeta non estará dispoñible.

Se só dispón dunha tarxeta SIM, insíraa no soporte de tarxeta SIM1. É posible que

algunhas funcións e servizos só estean dispoñibles cando se use a tarxeta SIM no

soporte de tarxeta SIM1. Se só hai unha tarxeta SIM no soporte de tarxetas SIM2, só

poderá realizar chamadas de emerxencia.

Non pode haber unha conexión GPRS aberta en segundo plano. Se unha aplicación

está a utilizar unha conexión GPRS e volve á pantalla Inicio ou cambia a outra

aplicación, menú ou a outra vista, a conexión pecharase automaticamente.