Dereitos de autor e outros avisos
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Nokia está en proceso de transición entre Organismos Notificados da UE e este produto foi autorizado debido a que cumpre
as normativas da UE cos dous Organismos Notificados. É posible que durante este período de transición as dúas marcas CE
amosadas aparezan no produto.
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-761 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina
http://www.nokia.com/global/declaration.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia
tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados neste
documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento
sen previo aviso.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Oracle and Java are registered trademarks of Oracle and/or its affiliates.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e
non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha
actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo
con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,
incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://
www.mpegla.com.
Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se
responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,
consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.
Dereitos de autor e outros avisos
41
Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de
garantía, expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a un
propósito concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo
aviso. Nokia resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.
A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos,
tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda
prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
Nokia non fornece garantía algunha nin se responsabiliza da funcionalidade, contidos nin asistencia técnica ao usuario de
aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo. Mediante a utilización dunha aplicación, vostede recoñecerá que a
aplicación fornécese tal cal. Nokia non fornece garantía nin representación algunha nin se responsabiliza da funcionalidade,
contidos nin asistencia técnica ao usuario de aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo.
/Edición 1.2 GL
42
Dereitos de autor e outros avisos